O Concello de Valga perde unha subvención para a compra dun vehículo destinado a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade

20231013 _1

No caso de ter presentada antes a solicitude de subvención, hoxe o Concello de Valga tería concedida a axuda para a compra do vehículo, tal como xa se reflectía nos criterios de valoración da orde da Xunta de Galicia

O Concello de Valga perde unha subvención para a compra dun vehículo destinado a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade

O xoves 29 de xuño de 2023 publicábase no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecían as bases as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade. No artigo 8.3 da orde, indícase que "en caso de empate na puntuación entre varias solicitudes, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral".

Segundo figura no Diario Oficial de Galicia do luns 9 de outubro de 2023, o equipo de goberno de Valga presentou a documentación o 19 de xullo de 2023 para a solicitude da subvención. Nesta resolución, o Concello de Valga non resulta beneficiada desta axuda, malia obter unha puntuación de 28 puntos, a mesma que o último concello que si acadou axuda, polo que caso de terse presentado antes a solicitude si obtería a axuda.

20231013 _2

No último pleno o Partido Popular aprobou en solitario quitar competencias ao pleno para darllas á Xunta de Goberno Local, coa escusa de poder actuar con máis "celeridade e axilidade". Pois ben, foi precisamente a falta de celeridade e axilidade do equipo de goberno á hora de presentar a documentación o que vai facer que Valga queda sen a axuda para a adquisición dun vehículo que facilite a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade.

O Concello de Valga perde unha subvención para a compra dun vehículo destinado a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade