O BNG de Valga organizou un encontro pola posta en valor forestal e agraria
Onte tivemos a oportunidade de coñecer mellor como o agrícola e o forestal son sectores que poden contribuír ao desenvolvemento económico e social do noso concello, e tamén de como facelo de forma máis sustentable e responsable.
Participaron neste encontro: Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña, Francisco Pedras, técnico experto na cadea de valor da madeira (CIS-Madeira) e Miguel Lois, enxeñeiro técnico agrícola e candidato n°2 BNG de Valga.
Falamos das tendencias e das oportunidades que nos ofrecen e da importante fonte de emprego que pode xerar en Valga, así como diversificar tamén o sector produtivo que está practicamente concentrado no sector do metal.
Queremos escoitar e fomentar a participación dos sectores implicados e á veciñanza interesada para recoller as súas propostas. É así como nos entendemos que debe ser a xestión pública.
Moitas grazas a todos os veciños e veciñas que nos acompañaron, e especialmente agradecidos aos representantes das comunidades de montes e empresas do sector da madeira de Valga que asistiron.