O BNG consegue o mellor resultado da súa historia en Valga, aumentado nun 35% o número de votos nas eleccións ao Parlamento de Galiza

20230724 1

Os case 1000 votos recibidos fan que este sexa un resultado histórico, pois é o maior número de votos recibidos polo BNG nunhas eleccións en Valga e que empurran a seguir traballando por un Concello e un País mellor

O BNG consegue o mellor resultado da súa historia en Valga, aumentado nun 35% o número de votos nas eleccións ao Parlamento de Galiza

O BNG consegue o seu mellor resultado nas eleccións ao Parlamento de Galiza en Valga. 990 persoas amosaron a súa confianza no BNG ao escolleren a papeleta nacionalista. Isto supón 349 votos máis que en xullo de 2020, é dicir, un aumento na porcentaxe de novos votos de máis do 35%, converténdoo no único partido que incrementa a porcentaxe de votos respecto das eleccións pasadas.

A portavoz nacional, Ana Pontón, agradeceu a confianza dos máis de 460.000 galegos que votaron ao BNG nestas eleccións, acadando un “resultado extraordinario” que fai que a forza nacionalista sexa o “referente indiscutible do cambio”. “Hoxe volvemos superar o noso teito electoral cun resultado que nos coloca como a esperanza de todas as persoas que pensan que Galiza merece moito máis”, subliñou.

Insistiu en que o BNG sae destes comicios “consolidado, fortalecido e con máis ganas e máis empuxe que nunca para seguir defendendo este País e a súa xente”, destacou, tras agradecer o apoio recibido nas urnas.

Grazas de todo corazón ós máis de 460.000 miles galegos e de galegas que hoxe confiaron no BNG e fixeron que conseguísemos un resultado histórico,  un resultado extraordinario que fai que o Bloque Nacionalista Galego sexa a alternativa indiscutible ao PP”. A líder nacionalista tamén destacou que, pese a ter superado o 30% do voto ou a ter sido a forza máis votada en Vigo, o Bloque non logrou o obxectivo porque o reto era darlle a este País un goberno liderado polo BNG, darlle a este País o goberno do cambio.

O BNG consegue o mellor resultado da súa historia en Valga, aumentado nun 35% o número de votos nas eleccións ao Parlamento de Galiza