Catro anos por diante, por e para Valga
27 de xuño de 2023 (18:01 h.)
Nas pasadas eleccións municipais do 28 de maio, o BNG de Valga obtivo 530 votos, o que lle permitiu obter dous concelleiros, igualando o seu mellor resultado do ano 2003
Os nosos concelleiros, Fran Devesa e Miguel Lois, xa tomaron posesión. Catro anos de traballo por diante, por e para Valga. Desde xa mesmo, estamos á total disposición de todas e todos os veciños, posto que son a elas e eles aos únicos aos que nos debemos.