O BNG aumenta nun 40% o seu número de votos en Valga nas últimas eleccións xerais

Voluntarios do BNG de Valga estiveron como apoderados e interventores en todas as mesas electorais botando unha man para que a xornada descorrera con total normalidade

O BNG consegue o seu mellor resultado nunhas eleccións xerais en Valga, nos últimos 12 anos. 352 persoas amosaron a súa confianza no BNG ao escolleren a papeleta nacionalista. Isto supón 135 votos máis que en novembro de 2019, é dicir, un aumento na porcentaxe de novos votos de case o 40%, converténdose no partido con maior incremento en termos porcentuais.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reiteraba hoxe que “o Bloque será a voz dos intereses de Galiza en Madrid e contribuirá a un goberno alternativo ao da dereita. O escano acadado será decisivo para frear ao PP, pero non será un cheque en branco, porá a axenda galega no centro da política estatal”.