O BNG apoia a creación dun apeadoiro de ferrocarril en Valga
O BNG de Valga está a favor do establecemento dun apeadeiro, sempre que exista unha frecuencia de trens axeitada
O BNG de Valga apoia a construción dun apeadoiro ferroviario en Valga, medida que favorecería a mobilidade sostible e a economía dos traballadores, estudantes e resto da poboación local, así como á potente industria asentada no municipio.
Acompañando a esta proposta debera esixirse aos órganos competentes a mellora dos servizos ferroviarios de proximidade, pois as persoas e as industrias non se beneficiarían da construción deste apeadoiro se as frecuencias dos trens son escasas ou case inexistentes, como ocorre na actualidade nas estacións de tren dos concellos da contorna.
De non ser así, podemos asumir que esta proposta, por parte do equipo de Goberno municipal do Partido Popular, forma parte dunha ocorrencia electoralista ou, o que é peor, investir cartos públicos para nun futuro ter outra infraestrutura abandonada.
Malia que nos últimos anos se suprimiron ou reduciron paradas en ata 48 estacións de tren en toda Galicia, apoiamos a creación dun servizo tren de proximidade para garantir o dereito dos habitantes de Valga a acceder a unha mobilidade en condicións de igualdade, xa que o noso Concello quedou e queda lonxe da rede do tren de alta velocidade.